miércoles, 5 de junio de 2024

CRÓNICA CROSS DE SANTISO

 

COMPETICIÓN: CROSS SANTISO 2024

LUGAR: VISANTOÑA (LA CORUÑA)

FECHA: SÁBADO, 25 MAYO 2024

HORA: 18:00 HORAS

DISTANCIA: 14 KM

MODALIDAD: CROSS

CLASIFICACIÓN


Un fin de semana más, nuestr@s corredor@s nos siguen dejando crónicas de sus experiencias en diferentes carreras a lo largo de la geografía gallega. Aquí va la de Pablo, que participó junto a otr@s brutanceir@s en el "Cross de Santiso".

"O pasado 25 de maio chegaba por fin o día que todos os santisers levábamos semanas agardando. O gran evento de Visantoña: o Cross do Santiso (e todo o que o rodea). Un ano antes, algúns -aínda non- brutanceiros descubríamos este cross, que nos deixaba tan bo sabor de boca que nos propuxemos repetilo pasado un ano. As inscricións esgotáronse en poucos días, así que quen queira probar (xa a edición do 25), ten que andar atento.

Chegamos cunha moi boa tarde para competir. Nublado e con orballo perfecto para refrescarse un pouco. Hai que saír con algo de marxe, porque Betanzos está a unha hora, e o parking enseguida se enche (pero a organización é tan boa que seguro que atópase sitio: simplemente hai que ir algo máis lonxe a aparcar). Tras pillar o dorsal, sacar as fotos, e empaparse un pouco do ambiente (metafórica e literalmente), quecemos (neste caso só Leti e eu -máis Juan na loxística- representamos ó clube... cousa que estou seguro que trocará nas vindeiras edicións), e nos colocamos para a saída. Por diante, case 14 km por un dos traxectos máis orixinais e fermosos que se pode atopar nunha carreira deste estilo, rodeando unha península formada dentro do pantano que hai no lugar. Sáese en plan carneirada, baixando un par de prados (que despois hai que sufrir subindo, xa que é percorrido circular), centrado unicamente en non arrolar e chegar dunha peza cando o terreo nivele e se poida empezar a correr "normal". Decido ir tranquilo (si, penso que eso a veces se decide, e vaime moi ben dende que o fago...), repetíndome o de sempre: "non vimos a gañar, vimos a pasalo ben e a facelo o mellor posible" (hai nivel: como media ducia de "máquinas" recoñecidas e outros tantos -cando menos- de "tapados"), e tratando de desfrutar da proba. Pasados un par de quilómetros xa cada un comeza a estar onde lle corresponde. Os primeiros desapareceron xa hai un rato e, polo que vexo ó meu arredor, calculo que vou nun segundo-terceiro nivel, xa de "mortais". Sinto as pernas cansas, pero vou ben de caixa e comezo a táctica de empezar a descontar km. "Quedan 12, quedan 11....". O duro está ó final, cando haxa que remontar os 2-3 km que desfrutamos tanto baixando ó principio. Vou con un grupo de 3-4 corredores, e de vez en cando imos pasando a outros que se van quedando rezagados. Un par de km despois, pasamos á rapaza que ía entón de primeira (María Conde, que finalmente quedaría terceira), xusto no momento que un espectador emocionado (pero que se ve que non sigue moito o atletismo feminino nos últimos anos...), grita espontaneamente "carallo!!, como vos da caña a rapazaaaa!!". Mentres, eu sigo ó meu e "ficho" a un clásico da zona (J.Manuel Penas) que sabía que acabaría ben clasificado, así que todo o que fose seguirlle a estela, sería un gran logro. Así, chegamos ós últimos km, sorpréndome vendo que manteño o ritmo subindo e que o grupo co que ía vai quedando atrás, salvo o citado Penas. Mentres el mantiña unha táctica "curiosa" de ir andando nalgunha costa como se se tratase dun trail (souben despois que estreaba paternidade e que non estaba todo o en forma que quixese), eu mantiña o ritmo, sen para de correr en todo momento. E así chegaron as últimas costas; eu cada vez recortaba máis e el remontaba por momentos, pero as súas pausas cada vez eran maiores e os trotes máis curtos. Foi do máis curioso que me pasou correndo... Enfilou un pouco diante a última costa -no comezo da mesma pasamos o cartel que pón algo similar a "Santiso, ceo e inferno" (en Santiso son uns cachondos), cando previamente pasáramos un máis explícito de "benvidos ó inferno"- e cando penso que esta vez tamén me toca chegar detrás, volve a parar, dou un arreón final, e entro na recta final como alma que leva o demo (aínda que Penas xa se quedara na costa pero eu non miraba para atrás... a xente debeuse preguntar a que veu semellante sprint para entrar so en meta...).
Chego a meta contento, espero uns segundo ó meu improvisado adversario e lle dou unha aperta. En meta, Juan, atento, dime que moi ben, que entrei entre os 10-12 primeiros (despois soubemos que, efectivamente, completaba a ducia inicial de chegados). Así, a "pelexa" con Penas cando menos serviu para evitar o posto 13 (quen non se consola é porque non quere...). Contento co resultado, en comparación co ano pasado pasei do posto 24 ó 12, e rebaixei o tempo en minuto longo, case 2. Agora tocaba agardar por Leti. Chega uns minutos despois. Respira uns intres e comenta que estaba moi cansa e que parece que non foi tan ben como ano pasado. Despois saberíamos que "só" rebaixou 4 minutos o tempo do ano pasado. É o que ten adestrar brutanceiramente... que nun ano melloras tanto que fas marcas sen darte conta. Sirva como exemplo para outros que están empezando e que non ven progreso. Con esforzo, todo acaba chegando (se as metas son realistas, debo engadir).
E bueno, o post-carreira, xenial. Hai menú para, se se quere, volver a casa ceado: pasta, callos, polbo, churrasco... Por haber, hai incluso un stand para mercar xeles, roupa, zapas... A xente da organización, de 10, sempre atentísimos, preocupados polos corredores e facendo todo o necesario para que á proba non lle falte de nada. Dentro do pavillón onde se fai todo eso (tamén hai animación, entrega de premios...), estás picando e bebendo con un montón de xente polo arredor. Nós falamos con uns andainers de Culleredo, que nos comentaban como chamaban a atención as nosas zamarras cando os pasamos correndo e que, pese a ser pouquiños, fixábanse e quedábanse co nome do equipo. Parece que neste clube é complicado pasar desapercibido...
A única pena que me quedou foi non traernos algún podium para Brutanzos, sobre todo tendo en conta que subía ata o 5º posto por categoría. Sen embargo, estamos nunha categoría moi complicada: dos 11 que me precedían, 9 eran da miña categoría (a Leti sucedeulle algo similar). Así que nada, outra vez será; felicitar ó gran Canda Louzao (menudos máquinas que temos en Galicia), que reventou a marca da proba, e en chicas a Zelinda, que destronou a Tina que este ano tívose que conformar co segundo posto. E nós, os brutanceiros, a facer unha paradiña en Melide de volta para cear e comentar as xogadas da carreira e, por suposto, argallar a ver cales van ser as seguintes.

OK:
TODO: organización, avituallamento final, parking, percorrido, web, fotos....












KO:
Por dicir un "pero": quizais balancear algo mellor as categorías













Gracias Pablo por contarnos tu experiencia y enhorabuena por el carrerón. Sin duda, una carrera para tener muy en cuenta para el próximo año... ¡marea naranja en Santiso!

SOCIOS 2025 BRUTANZOS TEAM

¡Hola amig@s! Hoy os vamos a contar como podéis continuar o entrar a formar parte del equipo, tanto si queréis venir a entrenar, como si pre...