COMPETICIÓN: CP PRAIA DE MIÑO
LUGAR: MIÑO (LA CORUÑA)
FECHA: DOMINGO, 12 MAYO 2024
HORA: 9:30 H.
DISTANCIA: 10 K.
MODALIDAD: ASFALTO
En un día lleno de competiciones para el club, nuestro corredor Pablo participó en la Carrera Popular Praia de Miño y aquí nos deja su experiencia:
"Outro ano máis en Miño. Este ano pequeno madrugón (pese a estar preto de Betanzos, a carreira arrinca ás 9:30 h.), para participar nunha carreira que corro sempre que podo. Tanto os organizadores como os voluntarios implícanse totalmente coa proba, facéndote sentir moi arroupado. Ademais, ten moito mérito manter unha carreira e un trail ao longo de varios anos nunha vila pequena (por agora) coma Miño.
Xa centrándonos na edición deste ano, o clima axudou a ter unha mañá ideal para correr. Por diversas causas (outras carreiras preto, MM de Lugo, quizáis un prezo non demasiado económico, ou incluso arrincar a proba bastante cedo...), éramos poucos na saída, pero iso sí, fieis (de 76 anotados chegamos a meta 72). Xa na liña de saída escaneei o que había. Estaba Jonathan, inalcanzable. Dos demais "máquinas", non veía ningún dos que eu coñecese, pero por suposto había "tapados". Un deles, que coñecía de antes e que sabía que daría guerra (Gonzalo) comentoume que había un par de ferroláns que ían moi ben (Antonino e Agustín), pero que tamén contaba conmigo para estar no meollo. E así foi, cravanco coa súa predicción o top 5.
Arrincamos puntuais ás 9:30 a un ritmo "alegre". Jonathan e os outros 71. Enseguida se destacou para ir a polo seu quinto entorchado en Miño, que non tivo demasiada historia para él. Algúns dos demais mortais creamos enseguida un grupo de 4, onde tiramos inicialmente Gonzalo e eu. Era consciente que non ía aturar o ritmo toda a proba, ía moi revolucionado (como se encargou de advertir o pulsómetro nas últimas costas da proba), e tiña demasiado calor. Tras o primeiro terzo de carreira, Gonzalo comezou a sacar uns metros que ó pouco se me antoxaron irremontables. Eu seguín pechando o podium ata a metade da carreira, máis ou menos, pero sabía que esa posición sería efímera, xa que aínda que soltamos nalgún momento a Agustín, Antonino era cuestión de tempo que me pasase, para empezar a súa particular batalla con Gonzalo polo segundo posto. Unha vez na 4º posición (que resultaría definitiva), preocupeime por non baixar moito o ritmo para non ceder máis posicións. A última parte da proba é bastante rápida, xa que se baixa en gran parte, así que se pode manter un bo ritmo. Nun dos últimos cruces (ó volver á estrada xeneral dende a urbanización "fadesa"), souben que tiña marxe co 5º, así que, co podium perdido dende había un par de km, podía acabar con certa tranquilidade. De todos xeitos, cheguei todo o forte que puiden porque non quería sorpresas. A recta de meta (a da praia) faise infinita...
Alí recibín a aperta dun eufórico Gonzalo (conseguira manter o 2º posto, aínda que non sen esforzo), e os saúdos de Jonathan (seguramente tras unha plácida carreira), e de Antonino, que pechaba o podium. Para min, medalla de chocolate, pero coa sorte de subir ó podium xa que había trofeos por categorías e quedara 2º en Master 2 (o podium máis "caro", por certo). Un rato despois, entrega de premios, que recollimos no podium por parellas (tristemente varias categorías desertas ou incompletas), coa casualidade e sorte de que eu subín coa miña amiga Maryem, 5ª absoluta en chicas e 2ª en Master 2 Feminino.
En resume, carreira bastante dura (sobre todo a 1ª parte), pero onde te sentes moi a gusto e moi arroupado, cunha praia en meta para quen queira desinflamar un pouco ou dar un paseo ó rematar. Non cambiou a miña idea de seguir participando mentres poida e por suposto recomendo a proba a todo aquel que esté un pouco fino como para poder aturar os primeiros quilómetros en subida.
PROS:
- Ambiente (speaker, trofeos...)
- Organización/ Voluntariado
- Localización (saída/meta praia, estrada cortada)
- Aparcamento
CONTRAS:
- Inscripción cara en comparación con outras do entorno
- Quizáis tratar de coordinarse para non coincidir con carreiras de lugares próximos
No hay comentarios:
Publicar un comentario